Vigo será sede un ano máis da Copa do Mundo de salto de obstáculos
Vigo acollerá un ano máis a Copa do Mundo de salto de obstáculos, cunha proba puntuable que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro. Así o confirmou hoxe o presidente do comité organizador da proba hípica, Manuel Fernández de Sousa, á alcaldesa, Corina Porro.
A cidade de Vigo acollerá un ano máis a Copa do Mundo da Federación Ecuestre Internacional de Obstáculos, que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo os días 10, 11, 12 e 13 de febreiro. Así o confirmou hoxe o presidente do comité organizador da proba hípica, Manuel Fernández de Sousa, á alcaldesa de Vigo, Corina Porro, durante unha reunión que mantiveron en dependencias da Alcaldía.
De novo a cidade albergará unha proba puntuable para a Copa do Mundo de Enganches, na que participarán destacados xinetes do panorama internacional. A Copa do Mundo de Salto de Obstáculos que se celebrará na cidade supón a única proba da Copa do Mundo que se disputa en España.
A Copa do Mundo de Hípica celebrou xa tres edicións no recinto do IFEVI. A primeira delas no ano 2002, que marcou un éxito de asistencia por parte dos xinetes, e que volveu a repetirse ao ano seguinte e no pasado mes de febreiro. Deste xeito, Vigo mantén a súa presencia no calendario internacional.
Descargar todas as imaxes