Escoitar

O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o texto definitivo do Plan Xeral que será levado a Pleno o día 30

O texto foi ratificado hoxe en sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local.

luns, 27 dec 2004
1104156916kori.jpg
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o documento do Plan Xeral de Urbanismo que se levará ao Pleno do próximo xoves día 30 para ser discutido. A votación contou coa oposición do Grupo Socialista, que non foi suficiente ao contar cos votos a favor do Grupo Popular e o BNG.

Tódolos grupos políticos incidiron nas posturas, xa coñecidas, que veñen mantendo ao longo destes últimos meses. Sendo así, un dos puntos nos que todos coincidiron é na gran exposición pública que tivo o Plan Xeral dende a súa concepción ata a redacción definitiva.

Trala reunión do Pleno convocouse unha sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local (ao marxe da ordinaria que estaba prevista) cos únicos puntos de Ratificación de urxencia e Aprobación do proxecto de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello.

Unha vez o Plan sexa aprobado no Pleno, comezará unha fase de exposición ao público xeral para que o cidadán de a pé poida tamén presentar as súas alegacións. O portavoz do Goberno, José Manuel Figueroa, asegurou que "teremos unha especial sensibilización á hora de atender as alegacións e suxerencias do público que enriquezan o contido do documento definitivo, xa que esta é a fundamentación da democracia", dixo.
1104156916kori.jpg
1104156966xerencia.jpg
Descargar todas as imaxes