mércores, 29 decembro 2004

A cabalgata de Reis traerá a ilusión a Vigo

O concelleiro de Cultura e Festas, Ignacio López-Chaves, presentou esta mañá a cabalgata de Reis de 2005, que foi pensada, segundo afirmou, "para que os nenos gocen". A cabalgata, que repetirá o percorrido do ano pasado, contará con 18 carrozas e un orzamento de máis de 100.000 euros.

Pleno do Concello

mércores, 29 dec 2004

Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día TRINTA DE DECEMBRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.

Xunta de Goberno Local

mércores, 29 dec 2004

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 30 de decembro logo do remate da sesión plenaria convocada para a mesma data, para resolver os asuntos da devandita relación.