xoves, 11 nov 2010
O alcalde de Vigo e presidente da Rede, Abel Caballero, inaugurará coa Secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribera, a Asamblea, que celebrarase os días 15 e 16 de novembro. Coincidindo coa mesma, terá lugar a Xornada "O Vehículo Eléctrico nos Municipios Españois". Tamén se procederá á entrega da terceira edición dos premios ás boas prácticas locais polo clima.
mércores, 10 nov 2010
A Concellería de Medio Ambiente que dirixe a socialista Chus Lago conveniou coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia) a execución dun proxecto de inserción laboral para este colectivo, que realiza tarefas de limpeza no humidal de Muiños-Goberna. O pasado 2 de novembro plantaron asemade árbores autóctonas neste espazo.
martes, 26 out 2010
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo avanzou os datos dun estudio "dinámico" que se está a facer nestas zonas verdes da cidade segundo os que seguen a detectarse novas especies de fauna e flora. Animais como o xabarín ou o porco espiño, ademais doutros exemplares en perigo de extinción atopan nos humedais de Vigo o seu hábitat natural.
mércores, 20 out 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presidiu neste mércores o comité de seguemento do convenio de colaboración asinado coa Universidade, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra e a Protectora de Animais e Prantas de Vigo para fomentar a esterilización e a salubridade dos núcleos con altas densidades de gatos
venres, 1 out 2010
O vindeiro 10 de outubro comeza de novo a edición de outono do programa de educación ambiental "Vigo Camiño a Camiño e máis" da Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo. Este programa súmase ás actividades realizadas e que se están a levar a cabo para os nenos e nenas viguesas no marco do Ano Internacional da Biodiversidade -"Vigodiversidade" e "Coñecendo a nosa ría" principalmente-.
martes, 28 set 2010
A concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago programou para o pasado e o próximo domingo unha serie de actividades para que os nenos e nenas de entre 8 e 17 anos coñezan a riqueza da Ría de Vigo e fomentar a actividade saudable en medios de desprazamento que non contaminen o entorno. Os participantes aprenderon as nocións básica de vela lixeira e kaiac e levaron a cabo unha solta das especies máis significativas da ría a cargo de oceanógrafos e biólogos.
As actividades terán lugar na praia viguesa de A Punta, en Teis
martes, 21 set 2010
O vindeiro 26 de setembro e o 3 de outubro, a Concellería de Medio Ambiente organiza un grupo de actividades para un máximo de 100 participantes por día, entre os 8 e os 17 anos, nas que aprenderán as nocións básicas de navegación en vela lixeira e kaiak, as principais características da ría e finalmente poderán levar a cabo unha solta das especies máis significativas a cargo de oceanógrafos e biólogos.
mércores, 1 set 2010
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, acudiron hoxe mércores a VigoZoo para observar a "Vigo", o voitre leonado nado e criado no recinto municipal que pasará a voar en liberdade. Caballero felicitou aos "magníficos profesionais" e á edil polo seu traballo e resaltou o "proceso dun zoo moderno" que reinserta na natureza a animais en cautividade, e non á inversa, como é habitual.
xoves, 26 ago 2010
Abel Caballero visitou na mañá deste xoves o espazo natural situado na conca dereita do río Lagares e no que estan representadas poboacións de invertebrados, reptís e aves así coma vexetación de ribeira. O alcalde adiantou que quere convertir a Bouza nun dos grandes humedais urbanos de España e que se está a traballar tamén para a posta en valor dos humidais do Vao, Goberna e Muíños.
xoves, 19 ago 2010
O alcalde de Vigo explicou que o bó traballo destes servizos refíctense en praias limpas e no bo nivel de satisfacción dos usuarios. Abel Caballero pediu a colaboración cidadá para manter estes parámetros aínda que explicou que ate o de agora detéctase "bastante nivel de cooperación" nuns areais que están a rexistrar, segundo apuntou, "un importantísimo número de bañistas"