Escoitar

Caballero revela que máis de 50 efectivos traballarán este verán no socorrismo e salvamento en 11 praias viguesas

A Xunta de Goberno Local deu este luns o seu visto bo ao convenio coa Cruz Vermella para prestar os primeiros auxilios e o transporte sanitario en 8 praias, servizo ao que sumarase o disposto polo Concello noutros tres areais vigueses. En total serán 11 as praias con atención de socorrismo e máis de 50 persoas as que traballarán neste eido desde a segunda quincena de xuño ata a primeira de setembro. Abel Caballero avogou por continuar coa "boa calidade asistencial, de socorrismo e de primeiros auxilios nas praias de Vigo".

luns, 6 xuñ 2011
1307364173cruzroja.jpg
O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, informou este luns do visto bo da Xunta de Goberno ao convenio coa Cruz Vermella para prestar os primeiros auxilios e o transporte sanitario na tempada de praias en Vigo.

Segundo explicou, o Concello destina 153.000 euros á entidade, que prestará atención con 22 efectivos nos areias de Samil, Rodas, O Vao, Tombo do Gato, Canido, Argazada, A Punta e Fontaiña, onde disporá en cada unha dun posto con material sanitario, ademais dunha ambulancia con base en Samil.

O acordo coa Cruz Vermella, afondou o alcalde en funcións, é unha das partes na atención municipal ás praias de Vigo, que complétase coa participación doutras 30 persoas -socorristas, médicos, etc- nas oito praias xa indicadas e tamén nas de Figueiras e Nosa Señora, en Cíes, e a de Fortiñón, en Saiáns.

Deste xeito, e coa intención de manter e mellorar a "boa calidade asistencial, de socorrismo e de primeiros auxilios nas praias de Vigo", en verbas de Caballero, o Concello prestará servizo en once areais con máis de medio centenar de traballadores durante a tempada de verán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro.
Descargar todas as imaxes