luns, 6 xuñ 2011
A Xunta de Goberno Local deu este luns o seu visto bo ao convenio coa Cruz Vermella para prestar os primeiros auxilios e o transporte sanitario en 8 praias, servizo ao que sumarase o disposto polo Concello noutros tres areais vigueses. En total serán 11 as praias con atención de socorrismo e máis de 50 persoas as que traballarán neste eido desde a segunda quincena de xuño ata a primeira de setembro. Abel Caballero avogou por continuar coa "boa calidade asistencial, de socorrismo e de primeiros auxilios nas praias de Vigo".
luns, 6 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou neste luns que a aprobación permitirá asignar as bolsas de inglés a boa parte dos alumnos de centros concertados que quedaron fora da convocatoria. O investimento destas 150 novas bolsas ascende a 375.000 euros.
luns, 6 xuñ 2011
Os organizadores do XX Congreso Nacional de Auditoria presentaron este luns ao alcalde en funcións, Abel Caballero, o evento, que celebrarase do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo". A organización, afincada en Vigo, prevé a asistencia dunhas 700 persoas procedentes tanto de España como de Portugal. A congresual é "unha parte relevante da orientación turística que temos que darlle á cidade", afirmou Caballero.
luns, 6 xuñ 2011
Desde o 6 ata o 17 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona Grupo de acción costeira Ría de Vigo – A Guarda, na Casa das Mulleres.
luns, 6 xuñ 2011
O Instituto Politécnico de Vigo está inmerso en varias actividades europeas, entre elas, e coa colaboración da concellería de Educación do Concello de Vigo, estase desenvolvendo un Proxecto Comenius Regio, cofinanciado pola Unión Europea. O Concello de Vigo e o goberno do Landkreis Osnabrück, constitúen os socios principais deste proxecto, que ten como obxectivo preparar a realización de futuros intercambios de alumnos coa cidade alemá de Osnabrück.