Máis de 1.400 persoas participarán este sábado na 41 edición do Día da Muiñeira na Praza de Compostela
O concelleiro de Cultura en funcións, Xesus López, presentou a 41 edición do Día da Muiñeira e o XII Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego, que se celebrarán o sábado, 4 de xuño. O nacionalista sinalou que máis de 1.400 persoas participarán no acto central do evento, que terá lugar na Praza de Compostela ás 20.30 horas.
Xesus López explicou que o XII Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego terá lugar no Auditorio Municipal dende ás 17.30 horas. Concederanse dous premios por categoría do traxe de adultos (antigo, cotío, moderno e agrupación), e outros dous para o traxe infantil; ademais, entregaranse trinta e catro agasallos ao resto de participantes.
Ao remate do concurso, ás 19 horas, os grupos participantes concentraranse na Praza do Rei, e ás 19.30 horas desprazaranse á Praza de Compostela, percorrendo a rúa Cachamuíña, Paseo de Alfonso, a rúa Elduayen, Praza da Constitución, e as rúas Triunfo, Palma e Gamboa.
O concelleiro de Cultura destacou a traxectoria de Wenceslado Cabezas "Polo" ao fronte da Escola Municipal de Danza e como artífice tanto do Día da Muiñeira e o Concurso de Enxalzamento do Traxe Galego, polo que expresou os seus parabéns por manter estas iniciativas ao longo dos anos. Pola súa banda, Polo, agradeceu a Xesus López ao fronte da Concellería de Cultura "porque tivemos unha relación fluía e boa" e anunciou a súa retirada como director da Escola Municipal de Danza, tras os problemas xurdidos este ano para non poder levar a cabo a Mostra de Traxe Tradicional.
O xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, salientou tamén o traballo realizado por Wenceslao Cabezas e destacou a relación continua da empresa á que representa co Día da Muiñeira dende o seu inicio.
Descargar todas as imaxes