Escoitar

Os acampados da Praza do Rei dispoñen de auga e liña eléctrica proporcionada polo Concello de Vigo

A administración tamén lles facilitou wifi e un aula no centro cívico do Casco Vello

venres, 3 xuñ 2011
O Concello de Vigo reitera que os acampados do 15M na Praza do Rei dispoñen de auga e unha liña eléctrica proporcionada por esta administración. Así mesmo procedeuse a ampliar a cobertura wifi para que tiveran aceso na zona na que se atopan acampados.

Do mesmo xeito o Concello autorizoulles hai dous días o uso dun aula no Centro Cívico do Casco Vello para levar a cabo cursos de inglés, nos niveis de iniciación e perfeccionamento, que se impartirán neste mes de xuño.