Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 6 DE XUÑO DE 2011

venres, 3 xuñ 2011
1.- Acta da sesión ordinaria do 23.05.2011.

ACCION SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 54/21, 1183/04 3 1523/21.

BENESTAR SOCIAL
3.- Solicitudes presentadas á convocatoria específica para a concesión de subvencións destinadas a proporcionar mediante a utilización de Bono-Taxi un medio alternativo de transporte adaptado a persoas afectadas por graves discapacidades na súa mobilidade (2011). Expte. 59812/301.

4.- Dar conta dos contratos menores tramitados no departamento de Benestar Social nos meses de marzo-maio 2011. Expte. 67016/301.

CONTRATACIÓN
5.- Clasificación de ofertas para a contratación do servizo de vixilancia das instalacións de CEDRO. Expte. 56120/301.

6.- Devolución de garantía a SIMCO, S.L. Expte. 3556/241.

CULTURA
7.- Autorización dos prezos de venda ao público do merchandaising do Festival de Jazz Imaxina Sons. Expte. 13224/331.

8.- Fixación do prezo de venda ao público do catálogo da mostra "O tempo é un círculo" da artista Menchu Lamas. Expte. 13222/331.

9.- Fixación de prezos de venda de entradas para o Festival de Jazz Imaxina Sons 2011. Expte. 13028/331.

DIRECCION DE INGRESOS
10.- Indemnización substitutiva a favor de Servizos de Colaboración Integral, S.L. 1661/500.

11.- Indemnización substitutiva a favor de Servizos de Colaboración Integral, S.L. 1664/500.

EMPREGO
12.- Bases reguladoras e convocatoria específica de axudas municipais á contratación no marco do Plan Municipal de Emprego 2088-2011. Expte. 8174/77.

13.- Programa integrado para o emprego, solicitude de subvención "Vigo Emprega II". Expte. 8299/77.

LIMPEZA
14.- Indemnización substitutiva pola prestación efectiva do servizo de xestión dos residuos sólidos voluminosos, á mercantil Toca y Salgado S.L. Expte. 3027/252.
MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
15.- Devolución de fianza a D. Manuel Araujo Caride, pola celebración da festa na honra de San Isidro Labrador. Expte. 80337/210.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
16.- Dar conta dos expedientes de contratación de gasto menor tramitado no servizo de Normalización Lingüística no mes de maio. Expte. 1288/334.

POLICIA LOCAL
17.- Contratación polo período de un ano, prorrogable por outro dun sistema de radiocumunicación de voz e datos para enlazar os distintos servizos do Concello de Vigo. Expte. 33606/212.

RECURSOS HUMANOS
18.- Recoñecemento do grao persoal ao funcionario D. José Angel Fernández Alonso. Expte. 22063/220.

19.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondente aos meses de decembro 2010 e abril 2011. Expte. 22037/220.

20.- Produtividade mantemento fontes ornamentais 1º trimestre 2011. Expte. 22046/220.

21.- Complemento de produtividade a Alicia Meiriño Fernández, decembro 2010. Expte. 21991/220.

22.- Dar conta de Resolución deixando sen efecto a de data 2-08-07, sobre o exercicio de funcións de coordinación da área de Servizos Xerais-Vías e Obras, de D. Carlos Soto Alvarez. Expte. 2088/220.

SERVIZOS XERAIS
23.- Modificado nº 2 "Custe cero". Proxecto de obras ordinario de urbanización da rúa Manuel Alvarez. Expte. 927/440.

24.- Denuncia por "Telhado Amarelo Construcoes Unipessoal" para a retención das cantidades que lle adeuda a UTE Conslar Galicia S.L.-Compañía Auxiliar de Mineria, S.A. Expte. 926/440.

URBANISMO
25.- Estudo de detalle Trv. Pino nº 6. Aprobación inicial. Expte. 13281/411.

26.- Acreditación da titularidade da parcela de orixe nº 25 do proxecto de equidistribución do APR 4-09 Calvario 6 (antigo polígono 11). Expte. 5018/401.

27.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 6 de xuño de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 2 de xuño de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.