Escoitar
Xerencia de Urbanismo<br /> Planeamento-Xestión

Proxecto expropiatorio por taxación conxunta da "Actuación Illada 2" do PEPRI de Bouzas

<br /> <br />

venres, 3 xuñ 2011
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 9 de maio de 2011, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta da «ACTUACIÓN ILLADA Nº 2» do PEPRI de Bouzas, para obter os terreos e posibilitar a rehabilitación ou reconstrucción dos inmobles e posterior afectación dos mesmos ó uso de equipamento cultural previsto no planeamento. Esta actuación comprende os catro predios con referencias catastrais núms. 0451607NG2705S0001YF, 0451608NG2705S0001GF, 0451605NG2705S0001AF e 0451606NG2705S0001BF (rúa S. Miguel núms. 2-4-6 e rúa Alfolíes núms. 10 e 12), segundo a documentación elaborada pola Oficina de Planeamento – Xestión da Xerencia municipal de Urbanismo (Exp. Nº 227/413).

Segundo: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós propietarios da folla separada de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas.

Terceiro: Instar do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co establecido no artigo 22 do Real Decreto 1093/97, do 4 de xullo; expediente que afectas ós predios rexistrais núms. 7206, 7207, 78389 e 5281, inscritos nese Rexistro."

O expediente estará a disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o periódo de exposición pública dende a primeira publicación ata pasado o mes dende a última publicación.