Encontro literario coa poeta támil Salma
O Museo Liste acollerá o sábado, 4 de xuño, a xornada literaria Vanakkam/Benvidas, organizada pola ONG Implicadas no Desenvolvemento con motivo da presenza da poeta támil Salma, que estes días visita Galicia para presentar a súa novela " Despois da medianoite".
Esta xornada, aberta á cidadanía, comezará cunha mesa redonda, na que Salma contará coa compañía de grandes nomes da literatura galega como Antía Otero, Marta Dacosta, Ledicia Costas ou María Reimóndez. A xornada culminará cun recital no que as convidadas compartirán a súa obra co público asistente.
A actividades desenvolverase en horario de 17:30 a 19:00h, no Museo Liste de Vigo, na rúa Pastora 22.
A actividades desenvolverase en horario de 17:30 a 19:00h, no Museo Liste de Vigo, na rúa Pastora 22.