O Concello autoriza o uso dun aula do centro cívico do Casco Vello a Democracia Real Ya!
A plataforma realizou esta petición ao Concello para levar a cabo cursos de inglés, en niveis de iniciación e perfeccionamento, durante este mes de xuño.
A plataforma realizou esta petición ao Concello para levar a cabo cursos de inglés, en niveis de iniciación e perfeccionamento, durante este mes de xuño.
O alcalde en funcións reuniuse na mañá deste martes con membros dos estaleiros máis representativos da ría de Vigo para valorar o marco europeo do tratamento fiscal que regula a construción naval. Tal e como lle transmitiron estas novas "condicións" poderían alterar as circunstancias nas que se desenvolve unha parte importante da actividade deste sector. Caballero xa avanzou que se porá en contacto co Ministro de Industria e que se establecerá un plan de actuación cos estaleiros vigueses
Neste espazo pedagóxico teatral impartiranse obradoiros especializados de diferentes áreas e terán como obxectivo ofrece ao alumnado recursos técnicos e creativos para a súa formación complementaria. Estes obradoiros versarán en torno a materias como seguridade escénica,creatividade corporal e creación colectiva na escena. Terán un compoñente fundamentalmente práctico e están destinado a adultos/as a partir de 16 anos.
A Vigo Cup 2011, do 4 ao 10 de xullo, baterá todas as marcas de participación. Na súa undécima edición e décimo aniversario, o torneo internacional de fútbol base supera por primeira vez os 200 equipos inscritos de forma moi folgada, un rexistro que estivo a punto de alcanzar en 2004 e 2009 (194).
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes en funcións, recibiu hoxe no Concello ao Balonmán Seis do Nadal-Coia, que a pasada fin de semana disputou a fase final do Campionato de España xuvenil masculino de balonmán.