Escoitar

O Concello autoriza o uso dun aula do centro cívico do Casco Vello a Democracia Real Ya!

A plataforma realizou esta petición ao Concello para levar a cabo cursos de inglés, en niveis de iniciación e perfeccionamento, durante este mes de xuño.

mércores, 1 xuñ 2011
O Concello de Vigo ven de autorizar á plataforma Democracia Real Ya! o uso dun aula no Centro Cívico do Casco Vello para levar a cabo cursos de inglés, nos niveis de iniciación e perfeccionamento. Os cursos impartiranse durante 14 días deste mes de xuño con data de comezo mañá día 2 de xuño. O número de asistentes previstos é de 10 persoas e o horario será de 11:00 ás 13:25 horas.

Esta medida súmase as realizadas polo Concello en días pasados no lugar de acampada na Praza do Rei coma son a conexión a internet gratuíta, unha toma de auga e outra de electricidade.