venres, 10 xuñ 2011
O Pleno de constitución da nova Corporación e elección do alcalde celébrase o sábado 11 de xuño, ás 12 horas, no auditorio municipal. Os 27 corporativos xurarán ou prometerán o seu cargo para con posterioridade proceder á elección do próximo alcalde de Vigo.
venres, 10 xuñ 2011
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza unha nova actuación dirixida ao público infantil e familiar o vindeiro domingo, 12 de xuño, ás 18 horas, no Auditorio Municipal. Trátase do espectáculo de maxia "Da'kara", que levará a escena o mago Dani García, do programa "Con t minúsculo". O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 10 xuñ 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 00:00 horas do 11 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días estará pechado ao tráfico o Tunel de Beiramar en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón – Sanjurjo Badía - Xulián Estévez.
venres, 10 xuñ 2011
Os vindeiros sábados 11 e 18 de xuño, de 20 a 21 horas e con entrada gratuíta para todos os asistentes ata completar aforamento, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras o espectáculo "Emoción e Palabras" Fundación Igual Arte - Espectáculo de expresión corporal.
Ofértanse máis de 500 novas prazas<br />
Inscrición por internet e presencial a partir do 10 de xuño
venres, 10 xuñ 2011
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2011-2011 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA). Por vez primeira realízase esta convocatoria de xeito unitario, que supón a oferta de máis de 500 novas prazas dirixidas á toda a cidadanía, nenos e maiores, animando á práctica afeccionada das artes musicais e teatrais, a través da súas ensinanzas e agrupacións.