Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Peche ao tráfico do túnel de Beiramar

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 00:00 horas do 11 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días estará pechado ao tráfico o Tunel de Beiramar en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón – Sanjurjo Badía - Xulián Estévez.

venres, 10 xuñ 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras a realizar dende as 00:00 horas do 11 de xuño de 2011 e por un período aproximado de dous días pola empresa Ute Movexvial Crespo de fresado e asfaltado da rotonda de acceso ao Porto que distribúe os tráficos do túnel de Beiramar - AP9 - Xulián Estévez - Porto, estará pechado ao tráfico o Tunel de Beiramar en ámbolos dous sentidos no treito entre a rotonda da rúa Areal e a rotonda de García Barbón – Sanjurjo Badía - Xulián Estévez. Tamén estará pechado en ámbolos dous sentidos o túnel que comunica COA AP9 (baixo a rúa García Barbón), polo que, o acceso a/dende a AP9 deberá realizarse a través da rúa Isaac Peral.
O acceso ao Porto realizarase a través da rotonda da rúa Areal.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.