Escoitar

A maxia continúa o domingo no Auditorio Municipal co espectáculo "Da'Kara", do mago Dani García

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza unha nova actuación dirixida ao público infantil e familiar o vindeiro domingo, 12 de xuño, ás 18 horas, no Auditorio Municipal. Trátase do espectáculo de maxia "Da'kara", que levará a escena o mago Dani García, do programa "Con t minúsculo". O prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

venres, 10 xuñ 2011
Daniel García achégalle ao público de Vigo un espectáculo de maxia no que presenta a existencia dun lugar secreto neste mundo, que case ninguén coñece, chamado Da´kara. É un espazo onde a ledicia e a cooperación camiñan da man da inocencia. Para dar vida a esta realidade irreal, tres actores xogan coa ilusión e a fantasía de grandes e pequenos. A obra, dirixida pola actriz Flor Maceiras, destaca ademais polo coidado tratamento do público e das situacións.