Escoitar

Caballero insta a todas as administracións a defender de forma conxunta o naval vigués e español

O alcalde en funcións, Abel Caballero, insistiu hoxe venres na necesidade de que todas as administracións defendan "conxuntamente o futuro do naval vigués e español" ante a denuncia recibida desde Holanda, cuestionando a legalidade do do sistema de exencións fiscais para os asteleiros en España (tax lease). Así o indicou logo de sendas xuntanzas que mantivo esta mañá con responsables de asteleiros e representantes sindicais do naval.

venres, 10 xuñ 2011
1307711393empresarios.jpg
Caballero, que suliñou que nestes momentos é fundamental manter a calma no proceso, degranou diante dos seus interlocutores os contactos que o rexidor mantén "ao máximo nivel" co Goberno de España e con outras instancias non gubernamentais, pero directamente vencelladas co sector. Nesta liña, deixou constancia da "atención e seguimento directa do Goberno nacional sobre este tema, aos máximos niveles de gobernación, porque o problema é de grande importancia xa que afecta ao futuro da construcción naval de toda España e, por suposto, de Vigo". Explicou que a postura do Goberno español é defender o mecanismo do tax lease, xa que "cos axustes que sexa preciso facer, é consecuente, sólido e está ben fundamentado porque o procedemento é legal".

O alcalde en funcións engadiu que esta defensa faise desde o convencemento de que "queremos estar no sistema de libre competencia, tal e como fan o resto dos países europeos, porque o naval español e o vigués ten unha capacidade produtiva moi elevada". Proseguiu indicando que se están a dar pasos con con toda a vontade de facer unha defensa dunha construcción naval que "funciona ben e que é eficaz". Caballero tamén se referiu a algúns asteleiros que tiñan contratos a punto de asinarse e que pola alarma xerada en ámbitos financeiros sobre a viabilidade do tax lease estánse retrasando. Insistiu en que o Goberno defende a legalidade do sistema fiscal aplicado ata o de agora e, polo tanto, espera que eses contratos poidan materializarse o antes posible.

Por último, Caballero fixo referencia a existencia de "intereses exóxenos" que cuestionan ao naval español e vigués, aproveitando esta situación para eliminar a competencia do naval español "porque saben que somos moi competitivos".
1307711393empresarios.jpg
1307711400sindicatos.jpg
Descargar todas as imaxes