Convocatoria do novo curso 2011-2012 das Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA)<br />
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para o vindeiro curso 2011-2011 nas súas Escolas Municipais de Música e Artes escénicas (EMMA). Por vez primeira realízase esta convocatoria de xeito unitario, que supón a oferta de máis de 500 novas prazas dirixidas á toda a cidadanía, nenos e maiores, animando á práctica afeccionada das artes musicais e teatrais, a través da súas ensinanzas e agrupacións.
A formación ofertada dende o municipio é de carácter non regrado e abrangue unha enorme variedade de actividades que van dende a música clásica, o teatro ou a música moderna, ata programas de divulgación, música en comunidade ou o estudo especializado en música folk e tradicional e as súas expresións colectivas contemporáneas. O alumnado destas escolas gozará da práctica colectiva das artes musicais e teatrais e, ademais, para aqueles con máis aptitudes, abriránse as portas da educación destinada ao exercicio da profesión e a ensinanza regrada.
EMMA está composta pola Escola Municipal de Música de Vigo (EMMV), a Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad) e a Escola Municipal de Teatro (EMT).
Os datos básicos da oferta actual das escolas que conforman EMMA son os seguintes:
Escola municipal de música de Vigo (EMMV)
De 4 a 7 anos:
Música e Movemento
A partir de 8 anos:
Práctica instrumental: Violín, Viola, Violonchelo, Contrabaixo, Guitarra, Piano, Clarinete, Saxofón, Frauta, Trompeta, Trompa, Tuba e Percusión.
Actividades grupais
Máis información:
Escola municipal de música de Vigo: Camiño do Regueiro, 1 (36211 Vigo)
Teléfono: 986 410785
Horario de atención ao público:
Mañás (xuño): de 10,00 h a 13,00 h, luns, martes, xoves e venres
Tardes (xuño): de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Mañás (setembro): de 10,00 h a 13,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: info@esmuvigo.es
www.emmavigo.org
Escola municipal de música folk e tradicional (e-Trad)
A partir de 9 anos:
Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
Actividades grupais
Máis información:
Escola municipal de música tradicional e folk: Avenida de García Barbón, 5 (36201 Vigo)
Teléfono: 986 228088/7
Horario de atención ao público:
Mañás: de 11,00 h a 14,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: e-trad@vigo.org
www.emmavigo.org
Escola municipal de teatro (EMT)
De 6 a 17 anos:
Expresión dramática, Expresión teatral e Iniciación ás técnicas teatrais
A partir dos 18 anos:
Formación de actores
Máis información:
Escola municipal de teatro: Avenida de Castelao, 87-interior- (36209 Vigo)
Teléfono: 986 485324
Horario de atención ao público:
Mañás: de 10,30 h a 13,00 h, de luns a xóves
Tardes: de 17,00 h a 20,00 h, de luns a venres
Correo electrónico: em.teatro@vigo.org
www.emmavigo.org
PRAZOS DE SOLICITUDE
Os prazos establecidos para as novas solicitudes na presente convocatoria son os seguintes:
Preinscripción:
- Por internet (www.emmavigo.org): do 10 de xuño ao 9 de setembro de 2011
- Presencial (nas oficinas de calquera das escolas municipais): do 10 de xuño ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 9 de setembro
Publicación da lista de solicitantes: 12 de setembro
Realización de probas / sorteos (no seu caso): 14 de setembro
Publicación da lista de admitidos: 16 de setembro
Matrícula: do 19 ao 23 de setembro
Comezo do curso: 26 de setembro
Descargar todas as imaxes