Abel Caballero constata o interese do goberno central pola situación dos estaleiros vigueses
O alcalde de Vigo, Abel Caballero mantivo un encontro con representantes de Vulcano, CNP Freire, Metalships e Barreras para revisar a situación da construción naval e buscar o enfoque que "permita a continuidade dos estaleiros privados" da ría de Vigo. Caballero trasladoulles que constatou o "interese extraordinario, a enorme sensibilidade e de resposta" do Goberno central tras manter varias conversas a pasada semana.
Abel Caballero avanzou neste senso que o goberno central traballa con "dilixencia" e "rapidez" para "facer valer os dereitos dos estaleiros". Explicou o rexedor que se lle prestará toda a atención "dentro da máis estrita legalidade".
O encontro é posterior a unha primeira xuntanza na que os empresarios manifestaron a súa preocupación pola apertura dunha investigación por parte da Unión Europea, tras unha denuncia de estaleiros holandeses, que podería poñer en risco as denominadas "tax lease", instrumento financeiro que permite a amortización acelerada dos buques.
Caballero destacou a enorme calidade técnica de construción e a extraordinaria competitividade dos estaleiros que funcionan nun sistema legal, "que cobre e cumpre todas as normativas europeas". Así amosouse convencido de que o sistema que utilizado "cumpre a normativa europea". Avogou ademais porque siga a primar a capacidade técnica, de construción, a competitividade, e o libre mercado "igual para todos".
Descargar todas as imaxes