Escoitar

A exposición "Un mar de Mulleres" visita a Casa das Mulleres

Desde o 6 ata o 17 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona Grupo de acción costeira Ría de Vigo – A Guarda, na Casa das Mulleres.

luns, 6 xuñ 2011
1307361839unmardemulleres.jpg
Esta iniciativa xurdiu na Mesa da Muller do Grupo de Acción Costeira 7 (GAC), coa intención de fomentar a igualdade de oportunidades entre as mulleres e homes.

Durante o verán entrevistouse a un grupo de mulleres que traballan en diferentes organizacións profesionais do sector pesqueiro, desde Cangas ata a Guarda. Coa información recompilada realizouse un documental, unha publicación e unha exposición fotográfica.

O martes 7 de xuño, terá lugar as 19:00 horas o acto de inauguración, no que ademais da exposición celebrarase a Xornada "Un Mar de Mulleres"

Nesta xornada presentarase o traballo que levan realizando mulleres da nosa zona (mariscadoras a pé e a flote, redeiras, bateeiras, lonxeiras, etc.), e animarase as persoas asistentes a solicitar axudas ante o GAC 7.

O acto comezará co saúda da concelleira de Igualdade en funcións, Iolanda Veloso Ríos.
A continuación, a xerente do GAC 7, Elena Herbello Puentes, explicará á orde de axudas e o Plan Estratéxico Zonal.

De seguido Mercedes Lema (Presidenta da Asociación de mariscadoras a pé de Baiona) e Carmen Chamorro (Vicepresidenta da Federación de Redeiras de Galicia) comentarán o traballo de campo realizado.

Por último proxectarase o documental "Un mar de mulleres".
Descargar todas as imaxes