Escoitar

Caballero asina o convenio coa Cruz Vermella para os primeiros auxilios nas praias de Vigo

O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, asinou este mércores coa presidenta da Cruz Vermella o convenio para prestar os primeiros auxilios e o transporte sanitarios en oito praias de Vigo, servizo ao que sumarase o disposto polo Concello noutros tres areais. Caballero valorou a posibilidade de adiantar, en próximos veráns, o dispositivo aos fins de semana de todo xuño. Este verán, o Concello disporá de socorrismo e salvamento en once praias viguesas.

mércores, 8 xuñ 2011
1307536420croja.jpg
O alcalde de Vigo en funcións, Abel Caballero, rubricou este mércores o convenio coa Cruz Vermella para prestar primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias de Vigo.

Segundo o texto, o Concello destina 153.000 euros á entidade, que prestará atención con 22 efectivos nos areias de Samil, Rodas, O Vao, Tombo do Gato, Canido, Argazada, A Punta e Fontaiña, onde disporá en cada unha dun posto con material sanitario, ademais dunha ambulancia con base en Samil.

O acordo coa Cruz Vermella é unha das partes na atención municipal ás praias de Vigo, que complétase coa participación doutras 30 persoas -socorristas, médicos, etc- nas oito praias xa indicadas e tamén nas de Figueiras e Nosa Señora, en Cíes, e a de Fortiñón, en Saiáns. O Concello prestará servizo en once areais con máis de medio centenar de traballadores durante a tempada de verán, desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

Abel Caballero explicou a proposta da Cruz Vermella de iniciar o salvamento antes en próximas tempadas de verán, para dar servizo alomenos nas fins de semana de todo o mes de xuño, se o tempo acompaña.
Descargar todas as imaxes