As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas colaboran este sábado, con actuacións ininterrumpidas, na Romería solidaria da ONG Pozos de auga Mayo Rey
As Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas (EMMA), dependentes do Servizo de Educación do Concello de Vigo, participan, por primeira vez de forma conxunta, nun evento solidario que se celebra na carballeira de San Roque da nosa cidade. A Fundación Mayo Rey, que leva o nome dunha das rexións máis deprimidas de África, ao norte de Camerún, organiza unha Romería Solidaria para recadar fondos destinados á construcción de pozos de auga nesa zona. A romería terá lugar os dias 11 e 12 de xuño.
Durante a xornada do sábado, dende as 12.30 ás 19h, as escolas Municipal de Música (EMM), a Municipal de Teatro (EMT) e de Música tradicional e folk (e-Trad), presentarán, ininterrumpidamente, as súas diversas agrupacións nos dous escenarios habilitados na carballeira: conxuntos instrumentais de música moderna, clásica, jazz, tradicional, pequenas representacións teatrais, pasarrúas, xuntarán máis de 100 músicos e actores nobeles, pertencentes ao alumnado das tres escolas.
Esta colaboración, refrendada polo alumnado e o profesorado dos centros, pretende aprofondar na idea do traballo colectivo e desinteresado, como ferramenta útil e necesaria para acadar os niveis de satisfacción persoal e social, que a educación e a práctica das artes musicais e teatrais pode aportar á comunidade; unha ferramenta na que a nosa cidade conta cunha longa tradición, e que representa un extraordinario valor social ao que contribúen continuamente asociacións veciñais, culturais e que EMMA recolle dende a administración pública local.
Avance do programa das actuacións das EMMA para o 11/06/2011:
12:30 Pasarrúas Xigantes e cabezudos EMT+Treboada e-Trad+Percusión EMM
13.00 Grupo zanfonas e-Trad 13.20 escenas breves EMT
13.30 Conxunto 3 e-Trad 13.50 teatro invisible EMT
14.00 Acto Apertura 14.20 grupo percusión EMM
14.30 Grupo pandereteiras e-Trad 14.50 Grupo de gaitas e-Trad
15.00 orquestra de corda EMM 15.20 grupo acordeóns e-Trad
15.30 Coro EMM 15.50 Agrupación Vento-Metal EMM
16.00 Conxunto 3P e-Trad 16.20 duo de arpas e-Trad
16.30 Banda Infantil EMM 16.50 escenas breves EMT
17.00 O merlo branco EMT 17.20 Intervencion representante ONG
17.30 orquestra infantil EMM 17.50 teatro invisible EMT
18.00 Banda da Escola EMM 18.20 presentador
18.30 orquestra sinfonica EMM
Descargar todas as imaxes