O Concello amosa a súa "satisfacción" pola resposta cidadá ao primeiro fin de semana da rexenerada praia de A Punta

luns, 9 ago 2010

O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, valorou hoxe luns positivamente a resposta da cidadanía ante o primeiro fin de semana de apertura da praia de A Punta, en Teis, tras as obras de rexeneración do areal vigués. Font recordou que o Concello ten previsto retirar a alambrada que separa a praia da ETEA para recuperar tamén esta "instalación emblemática para os vigueses".

O Goberno Local aprobou o convenio da nova Depuradora, que será asinado o vindeiro luns

venres, 30 xul 2010

A Xunta de Goberno Local celebrada este venres deu luz verde ao convenio da nova depuradora de Vigo, un texto que será rubricado o luns por parte do alcalde, a ministra de Medioambiente e a Consellería de Medioambiente. Abel Caballero cualificou a aprobación de "magnífica nova" e concluíu que, despois de largas negociacións, "as cousas remataron ben para esta cidade".

Comenzan os campamentos de veran no zoo de Vigo

martes, 20 xul 2010

Mañá mércores terá lugar o primeiro campamento de verán em Vigozoo no que os rapaces disfrutarán dun completo abano de actividades preparadas para os dous días que dura a actividade. Desde visitas guiadas diurnas e nocturnas ata xogos dirixidos, sendeirismo, obradoiros, xogos de animación, etc, no marco de excepción do zoo vigués.

A Concellería de Sanidade prevé que a recollida de aceites usados creza un 22% este ano

venres, 9 xul 2010

Os datos da campaña de recollida amosan que crecen o número de comunidades, asociacións e supermercados adheridos a este programa.Cada vez son máis os litros recollidos e no primeiro semestre deste ano a empresa encargada da recollida xa contabilizou case que 16.000 litros. Todas as asociacións, comunidades e supermercados que o dexesen poden solicitar un bidón de recollida<br />

Unha representación de Adeac visitou as Illas Cíes e destacou o alto nivel dos programas medioambientais do Concello de Vigo

mércores, 7 xul 2010

Os obradoiros medioambientais do programa Camiño a Camiño ou Noite de Estrelas así coma o servizo de socorrismo chamaron a atención da representación española de Adeac así como da representación grega que ao igual que Adeac, tamén leva adiante os programas Fee: Bandera Azul, Ecoescuelas, la Llave Verde ou Bosques en la Escuela.

Comeza o servizo de socorrismo en once areais de Vigo

martes, 15 xuñ 2010

A Concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ampliou a presencia dos socorristas a dúas praias máis que o pasado ano. A edil explicou que o persoal estará presente do 15 de xuño ao 15 de setembro nas oito praias con bandeira azul, ademáis de en Samil, Saiáns e no Agro, en Bouzas.

O Concello inicia un plan para controlar a colonia de gatos salvaxes de Vigo mediante a esterilización

martes, 15 xuñ 2010

O alcalde, Abel Caballero, asinou este martes o convenio coa Universidade de Vigo, a Protetora de Animais, o Colexio de Biólogos de Galicia e o de Veterinarios de Pontevedra. O obxectivo pasa por esterilizar aos gatos da rúa e evitar así o crecemento das colonias, evitando as molestias que xeran. A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, recordou que leva destinado 400.000 euros á mellora dos animais e da Protetora municipal.