Escoitar

O voitre leonado "Vigo" deixa VigoZoo para incoporarse á Fundación da Conservación do Voitre en Mallorca

"Vigo" naceu en cautividade en VigoZoo -dentro do programa municipal de recuperación de especies- onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Tras o seu paso polas Illas Baleares, "Vigo" atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.

mércores, 23 mar 2011
1300885926voitre.JPG
VigoZoo, organismo autónomo presidido pola concelleira de Medioambiente, Chus Lago, seguirá a evolución de "Vigo", intercambiando información en todo momento coa Fundación balear.

O proceso de cría no parque zoolóxico vigués segue adiante, xa que este ano está a piques de producirse un novo nacemento. Nesta ocasión vaise a intentar que sexan os propios pais quen alimenten á cría desde o primeiro momento. Nun primeiro momento retiróuselle o ovo para provocar a posta de reposición, que adoitan realizar estes animais cando perden o primeiro ovo. Deste xeito estamos conseguindo duplicar as posibilidades de reprodución.

Para iso substituíuse o ovo real por un falso, o que vai permitir realizar unha incubación artificial, controlada e moi efectiva, minimizando os riscos de rotura ou accidente que supón un proceso similar a cargo unicamente dos pais. Ao mesmo tempo, os pais seguen co seu proceso natural, crendo que están *incubando un ovo real. Cando o primeiro ovo eclosione, será colocado no niño, retirando o ovo falso, para que os pais inicien o proceso de cría. Se isto conséguese, sería un paso moi importante para evitar a intervención humana no proceso.
Descargar todas as imaxes