Caballero inaugura as humanizacións de Toural e Robleda nas que se investiron 800.000 euros
O alcalde asistiu hoxe martes á inauguración destas rúas de Teis onde anunciou que o Concello está a estudar a posibilidade de que ambas pasen a ser peonís. Abel Caballero lembrou tamén que, grazas ao Plan Urban, Teis recibiu 5 millóns de euros en investimentos xestionados polo Concello que serviron para transformar o barrio.
Na inauguración das rúas Robleda e Toural, o alcalde quixo destacar o cambio na fisionomía da zona xa que, segundo apuntou, pasaron de ser "dúas ruelas" a "competir en calidade coas mellores humanizacións". Abel Caballero subliñou que o material empregado é o granito, tal e como é habitual nas actuacións levadas a cabo nas humanizacións de Vigo, e contan con rede de saneamento e abastecemento renovado.
En total o investimento ascendeu a 800.000 euros nos que se "xeraron empregos", afirmou o rexedor. Na visita o alcalde anunciou que se está a estudar a posibilidade de que a rúa Toural pase a ser peonil coa idea de levar adiante "a cidade que nos gusta".
Plan Urban
Caballero lembrou que co Plan Urban o Concello olívico leva investido en Teis 5 millóns de euros cos que se actuou na Avenida de Galicia, na recentemente inaugurada rúa Julián Estévez, no novo paseo da ETEA ou na recuperación do edificio da Garavilla. Tamén citou as actuacións realizadas nas praias de A Lagoa, Mende, Ríos e Manquiña así coma nos parques e zonas verdes do entorno.
Descargar todas as imaxes