Escoitar

A Corporación solicita ao goberno local que "determine a localización onde a Biblioteca do Estado sexa un proxecto realizable"

A proposta de acordo, presentada polo Partido Popular e respaldada polos grupos do goberno vigués, insta ao Concello a determinar unha ubicación "realizable" para a dotación esta dotación, unha vez está "comprometida polo Ministerio de Cultura". A moción di que "son xa catro" as presentadas ante o Pleno en relación á cuestión "sen que Vigo obtivese unha resposta definitiva".

luns, 21 mar 2011
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo acordou este luns por unanimidade instar ao goberno local a que "determine a localización onde a Biblioteca do Estado, comprometida polo Ministerio de Cultura, sexa un proxecto realizable".

A moción foi iniciativa do grupo municipal popular, e obtivo o respaldo dos socialistas e nacionalistas na votación. O texto -defendido pola concelleira Elvira Larriba- afirma que "a piques de terminar a presente lexislatura" vólvese "reclamar ao alcalde o cumprimento do compromiso contraído cos vigueses de que a cidade conte cunha Biblioteca do Estado", sendo "xa catro" as presentados ante o Pleno en distintas ocasións "sen que Vigo obivese unha resposta definitiva".

"Esiximos do goberno que se determine un emprazamento dispoñible e económicamente viable para o erario municipal, onde situar este equipamento cultural", indica o texto, unha localización que "o Ministerio de Cultura espera desde agosto de 2007".