Santi Domínguez inaugura en Castrelos o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este venres o primeiro xardín sensorial para persoas con discapacidade visual nos xardíns históricos de Castrelos "un dos espazos máis senlleiros da cidade". Segundo destacou o nacionalista, esta iniciativa é unha mostra do compromiso de facer de Vigo "unha cidade máis igualitaria" e asegurou que este obxectivo non quedou en meras palabras, senón que se pode "comprobar en iniciativas como esta".
Santi Domínguez destacou que o obxectivo da posta en marcha deste primeiro xardín sensorial é "algo tan simple" como que calquera persoa con discapacidade visual puidera gozar destes xardíns. "A nosa intención foi posibilitar que as persoas con discapacidade poidan gozar deste paraxe", asegurou o nacionalista no acto, que tamén contou coa participación da concelleira de Benestar Social, María Méndez, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, aos que felicitou polo seu traballo. Tamén participou un nutrido grupo de representantes das asociacións que traballan coas persoas con discapacidade, que foron os primeiros en poder utilizar este xardín.
Para facilitar os percorridos, as persoas que visiten os xardíns terán unha cinta-guía, que define o percorrido para os usuarios con discapacidade visual. A través del poden atopar información sobre os obstáculos naturais para poder pasear polo parque de xeito seguro e coñecer as especies singulares ou os elementos arquitectónicos de interese. Un dos elementos máis salientables son as bandexas instaladas ao longo do percorrido nas que poderán percibir, a través das follas, as pólas das árbores e os froitos, as variacións estacionais ou os diferentes espazos naturais do parque. Ademáis do tacto, tamén poderán coñecer e gozar destes xardíns mediante p oído cos diferentes son do parque e o olfacto cos aromas das prantas e as árbores no novo "xardín aromático".
O tenente de alcalde destacou que a loita pola igualdade é un dos compromisos adquiridos cando asumiu as tarefas de goberno. Como proba desde compromiso lembrou que nos dous últimos anos a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social levan investidos máis de 2,5 millóns de euros na eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios e dotacións públicas. O nacionalista destacou que este traballo a prol da accesibilidade foi recoñecido a nivel estatal coa concesión do premio Cocemfe.
"Non imos parar aquí, senón que imos seguir traballando para que aqueles lugares nos que aínda existen barreiras arquitectónicas sexan 100% accesibles", comprometeuse Santi Domínguez. O nacionalista afirmou que nunca ningunha administración se preocupara tanto pola igualdade de oportunidades en Vigo. "Era a nosa obriga, pero tamén o era doutras administracións, pero nunca o fixeron", subliñou.
Descargar todas as imaxes