Caballero cifra en 600.000 euros o aforro cidadá polas bonificacións municipais a 6.400 coches ecolóxicos e de discapacitados
Abel Caballero avanzou neste venres que as exencións do pago do imposto de vehículos por discapacidade supuxeron un aforro de 560.460 euros, ás que engadiu as máis de 823 exencións do 75% desta taxa para os vehículos ecolóxicos e outros 19 para os híbridos, cun aforro de 50.000 euros. O rexedor reiterou de novo o apoio municipal ao coche eléctrico e afirmou que estes non pagarán este imposto.
A Xunta de Goberno Local aprobou o padrón do imposto de vehículos de tracción mecánica, que cifra en 177.317 os que circulan pola cidade, case un 1% máis.
O alcalde, Abel Caballero, asegurou que o goberno local concedeu exencións do pago do imposto de circulación a 5.537 vehículos de discapacitados, e estimou nun 6% o incremento de cara ao próximo ano. O aforro cidadá polas exencións suman 560.460 euros, para "dar facilidades" a este colectivo.
Por otra banda, o Concello de Vigo tamén rebaixa nun 75% o imposto para aqueles vehículos que emitan menos de 120 gramos por quilómetro de CO2, medida á que acolléronse 823 unidades e outros 19 coches híbridos, cun aforro para estes cidadáns de 50.400 euros.
"Cremos que temos que seguir establecendo un sistema de potenciación dos vehículos ecolóxicos", asegurou Caballero, quen adelantou que os vehículos 100% eléctricos non pagarán esta taxa.
Descargar todas as imaxes