Ciclo de cine infantil no Verbum
O Verbum-Casa das palabras acollerá os sábados 19 e 26 de marzo o ciclo de cine infantil promovido polo Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade dentro das diversas actividades que se promoven no mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.Así, o sábado 19 de marzo proxectarase a película "A estrela de Laura" e o sábado 26 de marzo "Mulan".
Ambas as dúas proxeccións terán lugar ás 17:30 h. no Verbum
(avda. de Samil, 17)
A entrada é de balde e libre ata completar o aforo do local
Ficha de "A estrela de Laura"
Ano: 2004
Duración: 80 minutos
Direción: Piet de Rycker e Thilo Rothkirch
País: Alemaña
Xénero: infantil, animación, fantástico
· Premio do cine animado Animadrid en 2005, categoría: "Mellor
longametraxe"
· Premio do cine alemán Deutscher Filmpreis en 2005, categoría: "Mellor
longametraxe para a xuventude".
SINOPSE: Laura é una nena de sete anos que xunto coa súa familia se muda á
cidade deixando a súa casa no campo. Na cidade sentese perdida pois é difícil
para ela facer novas amizades nunha cidade tan grande. Unha noite chea de
maxia, Laura descobre una radiante estrela que cae do ceo. Laura rescátaa e a
cambio a estrela, que posúe poderes especiais, alegra a vida de Laura e comeza
unha marabillosa amizade entre elas. Pero a estrela necesita estar de volta ao
ceo para sobrevivir e Laura, xunto co seu irmán Tommy, o seu veciño Max e o
gato-robot voador axudarán a pequena estrela a regresar ao ceo.
Descargar todas as imaxes