Escoitar

Xunta de Goberno Local

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE MARZO DE 2011.

xoves, 17 mar 2011
1.- Actas das sesións anteriores: ordinaria do 7 de marzo e extraordinaria e urxente do 9 de marzo de 2011.

ANIMACION SOCIOCULTURAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración con Cineclub Lumiére Vigo para a organización dunha programación estable de cine en versión orixinal para o ano 2011. Expte. 3935/335.

CONTRATACION
3.- Revisión de prezos do contrato do servizo de tratamento de residuos sólidos urbanos. Expte. 19003/240.

4.- Dar conta do contrato asinado con Vortal, S.A. para implantación de contratación electrónica. Expte. 3540/241.

5.- Declarar deserta a licitación da tala de eucaliptos no monte de A Guía. Expte. 5876/446.

6.- Renovación de marca "Vide Fundación Vigo Deporte". Expte. 3577/241.

7.- Devolución de garantía a Oreco, S.A. Expte. 3551/241.

DEPORTES
8.- Autorización á Asociación Deportiva RP3, a organizar os vindeiros días 25, 26 e 27 de marzo 2011, o XII TROFEO CIDADE DE VIGO DE MOUNTAIN BIKE-VIGO BIKE CONTEST-COPA DE ESPAÑA. Expte. 10350/333.

9.- Autorizar o club de Corredores de Vig-Bay a organizar o vindeiro 10.04.2011, a proba deportiva denominada XII Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay 2010. Expte. 10327/333.

ELECTROMECANICOS
10.- Indemnización substitutiva a favor da UTE Imes-Escysa polo mantemento das instalacións electromecánicas dos túneles durante o mes de febreiro. Expte. 13730/444.

11.- Instalación de catro aeroxeradores de minieólica polo concello de Vigo e acordo de explotación dos mesmos pola Fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. Expte. 13747/444.

EMPREGO
12.- Proxecto de Seguridade e Saúde da obra "Acondicionamento en zona verde no entorno do Centro de Saúde de Teis" realizado pola empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. Expte. 8060/77.

13.- Proxecto de Seguridade e Saúde da obra "Acondicionamento de acceso a Camiño Transversal Robleda" realizado pola empresa Oresa, Obras, Reformas y Saneamientos, S.L. Expte. 8061/77.

14.- Proxecto de Seguridade e Saúde da obra "Reparación de lavadoiros varios no barrio de Teis, realizado pola empresa Construcciones Carrera Iglesias, S.L. Expte. 8089/77.

IGUALDADE
15.- Proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación de Mulleres Dorna" e o Concello de Vigo, para o mantemento do "Punto Informa" e a realización dun taller de creatividade literaria durante o ano 2011. Aprobar o gasto. Expte. 4815/224.

16.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo, e o Concello para o mantemento da Rede de Mediadoras durante o ano 2011. Aprobar o gasto. Expte. 4814/224.

17.- Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións da concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2011. Expte. 4351/224.

LIMPEZA
18.- Aclaración da Modificación da revisión de prezos do servizo de Contenerización, Recollida e Transporte de Recicladores aprobado pola XGL o 23.12.2010. Expte. 19084/240.

19.- Adecuación do acordo da XGL de 29.12.2010, no que se aprobou a 5ª revisión ordinaria de prezos do contrato de recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e de praias á empresa FCC, S.A. Expte. 19086/240.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
20.- Dar conta dos expedientes de contrato menor tramitados no servizo de Normalización Lingüística nos meses de xaneiro e febreiro de 2011. Expte. 1238/334.

21.- Solicitude de subvención e aceptación das condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na orde, á Secretaría Xeral de Política Lingüística para reforzar o SNL e para programas de dinamización. Expte. 1240/334.

POLICIA LOCAL
22.- Incoación de expediente disciplinario a dous Policías Locais pola presunta comisión de faltas disciplinarias graves. Expte. 34627/212.

SANIDADE
23.- Dar conta dos expedientes de contrato menor tramitados no servizo de Sanidade no mes de xaneiro 2011. Expte. 12150/310.

TRIBUTOS
24.- Dar conta do expediente do padrón do imposto de vehículos de tracción mecánica 2011. Expte. 1639/500.

URBANISMO
25.- Aprobación Inicial do "Estudio de Detalle (parcelas en 4.3-IV 3.2) para edificio escola infantil e vivendas no campus universitario de Vigo, promovido pola universidade de Vigo en desenvolvemento do plan especial de equipamento docente e infraestrutura viaria no campus universitario de As Lagoas-Marcosende. Expte. 11660/411.

26.- Recurso de revisión para declaración de nulidade parcial da aprobación definitiva do proxecto de compensación da "UA Rosalía de Castro II". Expte. 4989/401.


27.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de marzo de 2011, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 16 de marzo de 2011.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.