Escoitar

O alcalde salienta a competitividade internacional da industria viguesa e ensalza o traballo dos enxeñeiros industriais

Abel Caballero participou este xoves nos actos de celebración do patrono da Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, onde subliñou a capacidade viguesa para competir no mundo e alabou o traballo dos enxeñeiros. Respaldou o alcalde á industria viguesa e citou o exemplo da colaboración municipal coa Universidade e a empresa no proxecto europeo Civitas que impulsa Vigo para implementar o vehículo eléctrico.

xoves, 17 mar 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou hoxe xoves a capacidade industrial da cidade para competir intermacionalmente e destacou o traballo dos enxeñeiros industrais vigueses.

Nun acto de celebración do patrono da Escola Superior de Enxeñeiros Industriais, Abel Caballero amosou o seu "orgullo" pola laboura deste colectivo profesional ao que comprometeu o apoio do Concello.

Como exemplo da colaboración entre a administración local, a Universidade e a empresa, o alcalde citou o proxecto europeo Civitas que Vigo lidera con outras cidades europeas para a implantación do vehículo eléctrico, candidatura na que a Universidade de Vigo é socia estratéxica ao igual que a factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën.