Día Mundial da Poesía
O vindeiro luns 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Para celebrar dito acontecemento, o museo Verbum – Casa das Palabras únese ás distintas celebracións con varias propostas para o día 18 e o día 20.
O venres 18 de marzo ás 20.30 horas a compañía Merendacea representará "Poesía para Devorar" no que aúna música en directo, música gravada, número de danza, poesía e música, recital e vídeocreación en directo, monicreques, collages e interacción co público.
O domingo 20 de marzo ás 19 horas, Lucía Camón coa participación de Xosé Manuel Esperante e Teté García ofrecerán un recital de poesía co título "Falando polos Tres", espectáculo poético que combina a música (Teté García, pianista e actriz) e a poesía (Lucía Camón e Xosé Manuel Esperante), o galego e o castelán.
Con estas propostas o Verbum quere facerse eco nun día tan representativo artística e culturalmente así como continuar consolidando a colaboración de artistas galegos con poetas nacionais e seguir ofertando unha programación específica e de calidade para este gran día.
Descargar todas as imaxes