Escoitar

Pleno da Corporacion: concesión Medalla da Cidade e nomeamento de Vigueses Distinguidos

venres, 18 mar 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 6


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 21 de MARZO de 2011, a continuación do convocado para as NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Concesión Medalla da Cidade.

2.- Nomeamento de Vigueses Distinguidos.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos A CONTINUACIÓN DO PLENO CONVOCADO PARA AS NOVE HORAS do día .VINTE E UN DE MARZO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 17 de marzo de 2011
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL ACCTAL. DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Manuel Xosé Lorenzo Penela

-