luns, 21 mar 2011
O BNG acadou o apoio unánime da corporación para declarar ao Concello de Vigo como zona desnuclearizada e na adhesión ao acordo do Parlamento de Galiza de 6 de setembro de 2006, para que a Xunta se dirixa ao goberno do Estado para que Galiza sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado. Segundo explicou a concelleira nacionalista María Méndez, esta declaración implica a prohibición de localizar no territorio galego un cemiterio nuclear ou depósitos de almacenamento de residuos nucleares, así como a prohibición de que en Galiza se constrúan centrais nucleares.
luns, 21 mar 2011
A iniciativa do grupo municipal socialista, o Pleno da Corporación aprobou hoxe luns unha moción -co voto do PP en contra- instando a ambas institucións a atender ás demandas efectuadas polo alcalde de Vigo en distintas reunións celebradas nos últimos anos, reclamando dos organismos autonómico e provincial que destinen investimentos na cidade de Vigo.
luns, 21 mar 2011
A proposta de acordo, presentada polo Partido Popular e respaldada polos grupos do goberno vigués, insta ao Concello a determinar unha ubicación "realizable" para a dotación esta dotación, unha vez está "comprometida polo Ministerio de Cultura". A moción di que "son xa catro" as presentadas ante o Pleno en relación á cuestión "sen que Vigo obtivese unha resposta definitiva".
luns, 21 mar 2011
A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, presentou no Pleno deste luns de urxencia esta moción, aprobada cos votos do BNG e a negativa do PP. O acordo adoptado insta ao goberno autonómico a ampliar o CEIP Daniel Rodríguez Castelao de Navia e a mellorar as condicións educativas do alumnado con necesidades especiais, dotando de medios e recursos aos centros e ás familias. O texto propón que as institucións públicas convenien para "conseguir o máximo desenvolvemento e autonomía persoal" do colectivo.
luns, 21 mar 2011
A Corporación Municipal de Vigo votou hoxe luns en sesión plenaria que o goberno local poña en marcha "os puntos limpos que establecen no Plan Xeral da cidade de Vigo". Segundo apunta o texto validado, o PXOM vigués -en vigor desde o 25 de agosto de 2008- fixa oito ámbitos para a localización desta "alternativa para a reciclaxe de residuos especiais", unha situación que "a cidade de Vigo non se pode permitir nin un minuto máis".
luns, 21 mar 2011
A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá co inicio do proxecto "Raizames". O primeiro concerto desta iniciativa correrá a cargo da banda vasca de txalaparta Oreka Tx, que ofrecerá o espectáculo Nömadak Tx ás 20.30 horas. O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
luns, 21 mar 2011
Coa participación de distintas autoridades municipais, como o alcalde, Abel Caballero, esta carreira popular tivo lugar onte domingo para sensibilizar á cidadanía da importancia da auga e para recaudar fondos para proxectos en Níger. Cada participante supuxo un euro que a Alcaldía de Vigo destinará á causa, cunha cantidade xa comprometida anteriormente de 6.000 euros.
luns, 21 mar 2011
O departamento que dirixe a socialista Chus Lago levou onte domingo a unhas 300 persoas a percorrer a ruta do Foxo do Lobo, na Serra do Suído, un dos novos traxectos programados da actual edición do "Camiño a Camiño". O percorrido, de alta intensidade, prolongouse durante 12 quilómetros nos que os participantes poideron aprender sobre a conservación e perigo de extinción do lobo gris na Península Ibérica.
luns, 21 mar 2011
O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na terceira xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 27 de marzo.
luns, 21 mar 2011
O vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54).O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.