O goberno local reclama investimentos en Vigo da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra
A iniciativa do grupo municipal socialista, o Pleno da Corporación aprobou hoxe luns unha moción -co voto do PP en contra- instando a ambas institucións a atender ás demandas efectuadas polo alcalde de Vigo en distintas reunións celebradas nos últimos anos, reclamando dos organismos autonómico e provincial que destinen investimentos na cidade de Vigo.
Os votos do PSdeG-PSOE e do BNG no Pleno da Corporación de Vigo aprobaron unha moción dos primeiros para solicitar novamente que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra invistan en Vigo.
O texto aprobado esixe, nun primeiro punto, "que a Xunta de Galicia atenda as propostas realizadas polo Alcalde de Vigo, mediante escritos de datas 01/10/2009 e 20/09/2010, dirixidos ao Presidente da Xunta de Galicia, relativos a investimentos na cidade de Vigo".
Nun segundo, o Pleno da Corporación de Vigo insta á Deputación provincial a que "informe a este Concello sobre os investimentos realizados en Vigo, petición formuladas en reiteradas ocasións, e que asuma as propostas realizadas polo Alcalde de Vigo, na primeira reunión celebrada no ano 2.007 co Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que foron reiteradas por escrito do Alcalde de data 30 de Outubro de 2.007 e sucesivos enviados en datas posteriores, sen que se teña ata o momento resposta algunha".
Na explicación de motivos da moción aprobada indícase que "o Alcalde de Vigo solicitou do Sr. Núñez Feijoo e do Sr. Louzán a execución do investimento que lle corresponde a esta cidade polo seu peso demográfico e económico" e asevera que "o Pleno do Concello adoptou acordos plenarios instando neste sentido sen que ata a data fosen atendidos, o que é mostra dunha clara descortesía institucional".
Desemprego
Outra moción do grupo socialista, respaldada polos nacionalistas, aprobou instar ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a que "ratifique ou desminta que en 45 días termina co paro e a crise".
O acordo afirma que "Núñez Feijoó firmou un contrato con Galicia antes das eleccións autonómicas de 2.009, onde nas políticas de fomento do empleo definía as medidas para avanzar hacia o pleno empleo". En cambio, "a realidade e outra, en dous anos de goberno de Núñez Feijoó en Galicia é a Comunidade Autónoma que máis emprego destrúe".
Tamén asegura o texto aprobado hoxe que "é posible actuar con medidas eficaces como se demostra en Vigo. A política económica do alcalde, d. Abel Caballero, fai que a taxa do paro estea por debaixo de Galicia e España".