mércores, 23 mar 2011
Segundo explicou Abel Caballero, o Concello de Vigo atende a este colectivo mediante formación específica, seguemento e mediación para conseguir a súa inserción no mercado de traballo. Os cursos xiraron en torno á atención cidadá -telefónica, principalmente- e, das 32 persoas formadas, 17 xa teñen traballo, e nos próximos meses se formalizarán os contratos das outras 15 persoas. Caballero afirmou que "as empresas son receptivas porque saben que son persoas cun gran desexo de traballar".
mércores, 23 mar 2011
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a programación do Vigo a Escena 2011, que nesta nova edición inclúe 70 representacións de 15 compañías teatrais, tanto profesionais como afeccionadas. O concelleiro nacionalista destacou que o obxectivo deste programa é "descentralizar a actividade cultural de Vigo", polo que puxo en valor que as actuacións serán nun total de 23 espazos distintos.
mércores, 23 mar 2011
"Vigo" naceu en cautividade en VigoZoo -dentro do programa municipal de recuperación de especies- onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Tras o seu paso polas Illas Baleares, "Vigo" atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.
mércores, 23 mar 2011
A Oficina Municipal de Voluntariado ven de publicar as liñas de traballo para os vindeiros meses do ano, centradas nos eidos de formación, defensa da natureza, actividades puntuais, programa de entidades e de acompañamento. Para participar nos programas as persoas interesadas deben estar inscritas na Oficina Municipal de Voluntariado.