venres, 25 mar 2011
A Alcaldía de Vigo e o Real Club Celta de Vigo pecharon este venres as negociacións coa Zona Franca e PSA Peugeot Citroën para poder utilizar 1.500 estacionamentos na Avenida Portanet para o partido deste sábado contra o Recreativo de Huelva. Estas prazas estarán dispoñibles tamén no resto de encontros celestes, segundo confirmou o alcalde, sempre e cando non traballe a factoría automobilística.
venres, 25 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo hoxe unha visita previa á inauguración da Pinacoteca do Museo da Cidade "Quiñones de León", cunha exposición de 166 obras de 83 autores, baixo o título "O fermoso rostro do país". Segundo destacou o nacionalista, coa apertura deste novo centro cultural ubicado no restaurado Pazo de Arias Taboada, o Casco Vello recibe o maior investimento municipal da súa historia, cun total de máis de 27 millóns de euros, dos que 4,6 millóns de euros destináronse á posta en marcha da Pinacoteca.
venres, 25 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou estes venres o complexo de locais de ensaio de Vigosónico, na primeira das xornadas de portas abertas que están tendo lugar antes da súa apertura definitiva a finais no mes de abril. O nacionalista afirmou que "Vigosónico" é moito máis que uns simples locais de ensaio, senón que é "un espazo para a música e a creatividade dos mozos e mozas de cidade, pero tamén un lugar para a dinamización xuvenil", que dá resposta as súas demandas.
venres, 25 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu hoxe ao III Certame Escolar de Regueiras no que participan 550 alumnos e alumnas de ESO de 15 centros escolares da cidade e anunciou que no mes de maio empezará a funcionar na Casa da Xuventude a primeira Escola Municipal de Regueifas. O nacionalista lembrou que este fora un compromiso que adquirira na edición no ano pasado dun certame que promove a Concellería de Normalización Lingüística.
venres, 25 mar 2011
O Casco Vello acolle a celebración da festa popular da Reconquista 2011 que se celebrará os días 26 e 27 de marzo.
venres, 25 mar 2011
A concellería de Cultura e Animación Sociocultural promove a biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas" na avda. Martínez Garrido, num. 21, como unha actuación directriz de posta en marcha de servizos bibliotecarios, dentro da rede municipal de bibliotecas que se pretende desenvolver.A biblioteca permanecerá aberta no seguinte horario. Horario de inverno (do 16 de setembro ao 14 de xuño): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h e tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:30h. Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): mañás de martes a sábado de 11:00 a 14:00h; tardes: de luns a venres de 18:00 a 20:30h.
Igualdade
venres, 25 mar 2011
A concellería de Igualdade informa que durante os días 4 e 5 de abril, pola tarde, desenvolveranse na Casa das Mulleres as Xornadas "Lingua, xénero e comunicación". Estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan Integral de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non estereotipado.
venres, 25 mar 2011
A exposición Música en Branco. Memoria dunha cidade, que trata de transportarnos á década dos anos 80, cando a cidade de Vigo viviu un dos seus mellores momentos de creación musical. A Movida viguesa supuxo unha reacción á música convencional da época e caracterizouse xunto coa Movida madrileña como o berce da idade de ouro do Pop Español. Aproveitando esta mostra a Casa das<br />
Palabras propón unha serie de obradoiros para familias relacionados coa música, utilizándoa<br />
como vehículo de experimentación e intercambio, de espontaneidade, de enerxía...