O Concello e o Celta pechan con Citroën 1.500 novos aparcamentos para incentivar a presenza de aficionados celestes en Balaídos
A Alcaldía de Vigo e o Real Club Celta de Vigo pecharon este venres as negociacións coa Zona Franca e PSA Peugeot Citroën para poder utilizar 1.500 estacionamentos na Avenida Portanet para o partido deste sábado contra o Recreativo de Huelva. Estas prazas estarán dispoñibles tamén no resto de encontros celestes, segundo confirmou o alcalde, sempre e cando non traballe a factoría automobilística.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres a dispoñibilidade de sobre 1.500 novas prazas de aparcamento no vial interior da Avenida Portanet para incentivar a asistencia de aficionados do Real Club Celta ao Estadio Municipal de Balaídos.
Caballero indicou que será a Policía Local de Vigo a encargada de vixilancia e regulación destes espazos de estacionamento, cos que se pretende resolver un "serio problema" de aparcamento para os aficionados.
Estas prazas estarán dispoñibles desde este mesmo sábado, cando o Real Club Celta enfróntase ao Recreativo de Huelva, ás 22 horas en Balaídos, e as negociacións chegaron a bo porto para que poidan ser utilizadas no resto de partidos da entidade en Balaídos, sempre e cando non os necesiten os traballadores da factoría de PSA pola actividade da empresa.
Abel Caballero agradeceu ás partes a súa disposición para chegar ao acordo e pediu á cidadanía "cooperación" e "cautela e paciencia" en particular nos primeiros días de aplicación desta nova medida.
Descargar todas as imaxes