Escoitar

O tenente de alcalde anuncia que en maio abrirá na Casa da Xuventude a Escola Municipal de Regueifas

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asistiu hoxe ao III Certame Escolar de Regueiras no que participan 550 alumnos e alumnas de ESO de 15 centros escolares da cidade e anunciou que no mes de maio empezará a funcionar na Casa da Xuventude a primeira Escola Municipal de Regueifas. O nacionalista lembrou que este fora un compromiso que adquirira na edición no ano pasado dun certame que promove a Concellería de Normalización Lingüística.

venres, 25 mar 2011
1301061259Regueifas.JPG
Santi Domínguez salientou o gran nivel dos participantes no certame e animouse a dicirllo regueifeando. A ritmo de regueira dixo que "Hoxe estamos moi contentos e tamén emocionados, porque con todo o que facedes o galego está encantado".

Ademais de anunciar a inminente posta en marcha da Escola Municipal de Regueifas, o tenente de alcalde adiantou que na edición do vindeiro ano vanse incorporar novidades. A principal, segundo explicou, é que se vai crear unha categoría específica para que os profesores e profesoras tamén se animen a regueifear, unha proposta que foi moi ben acollida polos asistentes.
Descargar todas as imaxes