Escoitar
Igualdade

Xornadas Lingua, xénero e comunicación

A concellería de Igualdade informa que durante os días 4 e 5 de abril, pola tarde, desenvolveranse na Casa das Mulleres as Xornadas "Lingua, xénero e comunicación". Estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan Integral de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non estereotipado.

venres, 25 mar 2011
Contidos:
. A presenza das mulleres nos medios de comunicación
. O tratamento da muller nos medios audiovisuais
. O sexismo na linguaxe
. Claves para a elaboración dunha información non sexista

As persoas interesadas poden obter información do programa e descargar a folla de inscrición na web municipal: www.igualdadevigo.org
Prazas limitadas.