Escoitar

Campaña de Animación á lectura

O Servizo de Educación do Concello de Vigo pon en marcha dende o día 24 de marzo ata o 29 de abril a campaña Contarte 2011 coa que se pretende achegar aos nenos e nenas ao mundo da arte dun xeito lúdico e diferente a través do álbum ilustrado e incidir así no fomento do hábito lector entre os máis cativos.A conferencia inaugural "Qontextos: a realidade do álbum ilustrado" da man do ilustrador Chené Gómez e de Eva Mejuto de OQO Editora, será o mércores 23 de marzo ás 19:30 horas no IME.

martes, 22 mar 2011
1300802213educacionlectura.jpg
En colaboración con OQO Editora, con ampla e recoñecida traxectoria en actividades de dinamización pedagóxica de animación á lectura, durante este período realizaranse obradoiros especialmente deseñados para traballar á lectura do conto coma un espacio de achega á literatura, a interculturalidade e á creación artística.

Prevese a participación neste programa lector, formativo e de entretemento de máis de 2.600 alumnos e alumnas de educación Primaria de 22 centros escolares de Vigo aos que, con estas actividades, se tentará promover o desenvolvemento do seu espírito crítico e ofrecerlle medios para aprender novas formas de mirar.

Obradoiros

Con este obxectivo, desenvolveranse 132 sesións en dous obradoiros: "Paxariños de la e follas secas" obradoiro de animación á lectura para 1º, 2º e 3º de primaria e "Historias de Cartón" obradoiro de plástica creativa para 4º, 5º e 6º de primaria.

Exposición e conferencia inaugural

A exposición "Qontextos: a creatividade infantil e o conflicto bélico" estará nas dependencias do Instituto Municipal de Educación-IME (Camiño do Chouzo, nº 2) dende o 24 de marzo ata o 29 de abril; trátase dunha mostra de fotografías e de obra orixinais de nenos/as realizadas nos talleres que a Asociación Creart promove nos Territorios Ocupados Palestinos. Os cativos son un dos colectivos máis afectados polos conflitos e esta exposición reivindica os seus dereitos e incide no uso da arte e o fomento da creatividade como xeito de educar por e para a paz.

A conferencia inaugural "Qontextos: a realidade do álbum ilustrado" da man do ilustrador Chené Gómez e de Eva Mejuto de OQO Editora, será o mércores 23 de marzo ás 19:30 horas no IME.
Descargar todas as imaxes