Escoitar

Presentación do documental DIGNA RABIA

O vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54).O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

luns, 21 mar 2011
1300715383324.jpg
O documental está realizado pola Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas. O acto desenvolverase cunha actuación musical previa e unha mesa redonda posterior.

Argumento do documental:
Relato das experiencias vividas durante a dictadura franquista (1936-1975) por parte de 27 mulleres galegas. O documental é un alegato reflexivo contra a histórica invisibilidade das mulleres.

Entrada libre ata completar o aforo do local
Descargar todas as imaxes