O Auditorio do IFEVI volveuse encher para seguir as actuacións do Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo
O Instituto Feiral de Vigo encheuse onte domingo na terceira xornada do Festival para presenciar as actuacións das cinco corais polifónicas programadas, da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá. O evento, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) coa colaboración da Alcaldía de Vigo, voltará ao IFEVI o próximo domingo, 27 de marzo.
O Auditorio do Instituto Feiral de Vigo enchéuse onte domingo para seguir as actuacións de cinco corais polifónicas da cidade no terceiro dia da quinta edición do Festival de Habaneiras e Polifonía Cidade de Vigo.
Onte domingo, ás 18 horas, o auditorio do IFEVI volveuse quedar pequeno para acoller ao público asistente, que puido gozar dos concertos das corais polifónicas da Lira de San Miguel de Oia, Vla do Fragoso, Rueiro de Coia, Santa Clara de Lavadores e da SCD Atlántida de Matamá.
A quinta edición do Festival que organiza a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) en colaboración coa Alcaldía de Vigo está a colleitar novamente o éxito de público das citas anteriores. A seguinte data será o próximo domingo 27 de marzo, tamén no IFEVI ás 18 horas.
Ademais do próximo domingo, o Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo cita ao público o 3 e o 10 de abril. Nas fins de semana do 7 e 8 de maio e a do 14 e 15 do devandito mes terán lugar o Festival das Letras Galegas no Auditorio do IFEVI -ás 19 horas-, coa participación de todas as corais integradas na Asociación.
Como ben sendo habitual en edicións anteriores, a organización dispón dun servizo especial de autobuses lanzadeiras desde o centro da cidade ata o Instituto Feiral de Cotogrande, con saída ás 17:30 horas e regreso aproximado ás 20:30 horas. O percorrido do mesmo parte da Praza de América, con paradas na Praza do Rei e a Praza de España, antes de recalar finalmente no IFEVI.
Descargar todas as imaxes