VigoZoo conta desde este martes cun planetario

martes, 22 feb 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe martes a nova instalación do parque de A Madroa, coa participación duns cen nenos e nenas. Os rapaces visitaron a cúpula co alcalde e a edil, ademais de atender a unha pequena charla divulgativa e visitar as instalacións de VigoZoo.

Os participantes visitarán as Covas do Rei Centolo, O Foxo do Lobo na Serra do Suído e a Ruta completa da Auga, entre outras

Chus Lago presenta a edición máis innovadora do Camiño a Camiño

venres, 18 feb 2011

O vindeiro 27 de febreiro, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Chus Lago inicia a séptima edición do Camiño a Camiño, programa de educación ambiental que se consolida ao cuarto ano da súa posta en marcha. Un total de 19 actividades de educación ambiental, das que 13 son de nova incorporación, compoñen esta nova edición do programa con maior éxito de participación da Concellería, que ofrece prazas para máis de 4.000 persoas. Desta volta, Medio Ambiente planifica saídas específicas para nenos e nenas, en colaboración con VigoZoo, ademais de retomar as exitosas rutas nocturnas ou as visitas ás Illas Cíes, entre outras.

Chus Lago presenta o conto "Larpeiros do Nocturama" de VigoZoo a 80 escolares de Bembrive e Lavadores

xoves, 10 feb 2011

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves o primeiro conto editado polo zoolóxico vigués, "Larpeiros do Nocturama", coa participación de 80 escolares dos colexios Chans de Bembrive e Valle Inclán de Lavadores. Xunto á ilustradora e á autora do conto, os nenos percorreron as instalacións de VigoZoo e coñeceron ás distintas especies animais alí presentes, e asistiron á representación da contacontos Eva Vila.

Vigo solicita á Xunta que protexa a Serra e paralice o parque eólico adxudicado no Galiñeiro

luns, 7 feb 2011

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou no Pleno deste luns unha moción de urxencia ao respecto, pois a Xunta de Galicia adxudicou a instalación duns "vinte muiños de vento" no Galiñeiro, segundo o anteproxecto, ademais dunha instalación subterránea. Socialistas e nacionalistas defenderon, coa negativa do PP, as enerxías renovables como a eólica pero rexeitaron a súa ubicación nesta Serra viguesa.

Medioambiente instalará dous miradores no humidal urbano de A Bouza e continúa coa revalorización doutros catro

venres, 4 feb 2011

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, explicou este venres que xa rematou a limpeza e recuperación do humidal de A Bouza e procederá de "inmediato" á instalación de dous miradores "pouco invasivos" para que a cidadanía poida aprender e observar a vida dos humidais urbanos. Por outra banda, o departamento continúa cos traballos de revalorización dos outros catro identificados ata o momento, o de O Vao, Goberna, Muíños e Barreiros.

O alcalde e o director xeral de Acuanorte datan para marzo a presentación das ofertas e para xullo a adxudicación da nova depuradora de Vigo

venres, 14 xan 2011

Abel Caballero cualificou de "moi boa nova para esta cidade" que Martín Fragueiro sexa o novo director xeral de Acuanorte, resultante da fusión de Aguas del Duero e Aguas de la Cuenca del Norte, entidade encargada da nova depuradora de Vigo, dependente do Ministerio de Medioambiente. Tras a reunión deste venres, o alcalde confirmou para o 28 de marzo a data límite de presentación de ofertas e para xullo a adxudicación da obra de maior importe licitada nunca en Vigo, con 238 millóns de euros de investimento.

Abel Caballero e Chus Lago presentan as axendas do Medioambiente

mércores, 12 xan 2011

O alcalde de Vigo e a concelleira de Sanidade, Consumo e Medioambiente participaron no acto de presentación das axendas medioambientais nas que están recollidas os datos máis relevantes da biodiversidade do municipio. A presentación tivo lugar nun auditorio municipal abarrotado de persoas, na súa meirande parte, participantes no programa desta concellería "Camiño a Camiño".

Chus Lago destaca que o Lagares pasa pola mellor etapa da súa historia

luns, 10 xan 2011

A edil de Medio Ambiente asegura que a pesar de partir dunha situación de descoordinación absoluta o seguimento exhaustivo do río permitiu acadar parámetros constantes e estables en todo o seu cauce. As analíticas realizadas polo seu departamento poñen de manifesto que a presencia química de osíxeno diminuíu nun 32% desde 2008 ata a actualidade.