A nova depuradora de Vigo funcionará provisonalmente en xullo de 2013
Abel Caballero avanzou que a construcción da nova depuradora de Vigo comezará este mes de xullo e que entrará en funcionamento de xeito provisional en xullo de 2013. O proceso, explicou hoxe mércores "segue cumprindo os prazos previstos" e podería estar rematada a finais de 2015.
As obras da depuradora arrancarán no mes de xullo e prolongaránse tres anos e medio, polo que a finais de 2015 Vigo contará coa nova EDAR a pleno funcionamento, segundo explicou esta mañá o rexedor, quen engadiu que esta infraestrutura porase en marcha de xeito provisional en xullo de 2013 porque "o proceso de construcción segue cumprindo os prazos previstos sen atrasos ou paralizacións.
Estes prazos ratificáronse onte na comisión de seguimento da depuradora que se desenvolveu en Vigo, na que tamén se deu conta do traslado duns dez metros da infraestrutura dentro da mesma parcela ao constatar Acuanorte que a depuradora podía invadir espazo de domino público. Con esta modificación aténdese a petición da Audiencia Nacional de paralizar as catas na zona próxima da Xunqueira polas dúbidas que existen sobre o deslinde marítimo terrestre realizado polo Ministerio de Medio Ambiente en 2010.
O alcalde lembrou durante a súa intervención que as fururas instalaciones serán "semisoterradas, cubertas e con tecnoloxía punta".
Descargar todas as imaxes