O Consello escolar Municipal de Vigo organiza as "Xornadas sobre convivencia escolar"
A celebrar durante os días 4 e 5 de maio no Paraninfo do IES Santa Irene, serán un lugar para a reflexión, o intercambio de experiencias e a posta en común de estratexias que permitan afondar na prevención e encarar satisfactoriamente as diferentes situacións de conflito que se produzan no ámbito educativo.
O Consello Escolar Municipal de Vigo (CEMV), que preside a concelleira de Educación, Raquel Díaz Vázquez, é un lugar de encontro, un foro para a reflexión e debate da situación educativa do municipio e para o fomento da cultura da participación e da expresión directa da cidadanía.
Un dos obxectivos que se recollen no seu regulamento é o de fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa. Co fin de alcanzar este obxectivo, este órgano, a través dunha das súas comisións de traballo, a Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa, ven traballando desde o ano 2010 no eido da Convivencia Escolar e ten previsto desenvolver as "Xornadas sobre Convivencia Escolar" que se celebrarán os días 4 e 5 de maio no Paraninfo do IES Santa Irene.
Esta iniciativa didáctico-formativa está pensada para actuar na prevención de situacións que dificulten a convivencia, para recoller as boas prácticas sobre convivencia que de forma non visible se están levando a cabo en distintos centros e institucións; é en definitiva para xerar un espazo de reflexión compartida sobre a convivencia e impulsar e dinamizar formas de participación coordinadas e programas integradores.
O programa das xornadas inaugurarase coa conferencia de Javier Urra, doutor en Psicoloxía e pedagogo terapeuta que leva adicada gran parte da súa carreira profesional aos mozos conflitivos e á infancia. Este profesional de recoñecido prestixio foi o primeiro Defensor do Menor e o Presidente da Rede Europea de Defensores do Menor. É ademais psicólogo en excedencia voluntaria na Fiscalía do Tribunal Superior de Justicia e Juzgados de Menores de Madrid e ademais ostenta diferentes cargos coma o de Patrón da Fundación Pequeno Desexo ou Presidente da Comisión Deontolóxica do Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. Conta no seu haber con prestixiosos premios, é conferenciante habitual en foros nacionais e internacionais e é autor de diversos libros como Educar con sentido común, ¿Qué ocultan nuestros hijos?¿Qué callan los padres? ou "El Pequeño Dictador. Cuando los padres son las Víctimas".
Durante as Xornadas haberá tamén tempo adicado ao intercambio de experiencias no eido da convivencia: O programa municipal "Aprender a Convivir" e a repercusión que tivo para a comunidade educativa do Concello de Vigo, e igualmente, representantes de diferentes centros educativos e entidades amosarán as experiencias que están a desenvolver na actualidade nesta materia.
O contido do programa que promove a Comisión Pedagóxica e de Innovación Educativa do CEMV, remata cunha mesa redonda que pretende ser un foro de discusión no que diferentes entidades e axentes sociais debatan sobre cal sería punto de arranque para un futuro Plan de Convivencia Municipal. Para máis información consultar web "www.cemv.vigo.org".
Descargar todas as imaxes