O alcalde anima á cidadanía a participar nos actos municipais polo Día do Libro
A Casa Galega da Cultura, a Biblioteca Xosé Neira Vilas, o Museo MARCO ou o Súbete ao Castro organizan hoxe luns actos conmemorativos polo Día Internacional do Libro, con contacontos, lecturas populares ou actividades de fomento da lectura.
A Biblioteca Xosé Neira Vilas inicia o ciclo de contacontos para adultos Contos Dakí, a cargo de Celso Sanmartín, que nos ofrecerá as historias que ao longo da súa traxectoria ten recollido por toda a xeografía galega. A estas historias engádelles un toque contemporáneo, porque os contos da nosa tradición oral son tamén actuais, e non oxidadas pezas de museo. Será hoxe luns, ás 19.30 horas.O ciclo continúa con novas sesións o venres 25 de maio e o venres 29 de maio, de novo ás 19,30h
O departamento municipal de Voluntariado organiza na Casa Galega da Cultura -a partir das 18.30 horas- unha lectura de textos galegos elexidos polos participantes, entre as que estarán persoeiros relevantes da cultura e voluntariado. A entrada é libre ata completar a capacidade do local.
O MARCO únese, unha vez máis, á experiencia de Bookcrossing na que participan 71 museos e centros de arte de todo o mundo, unha campaña de liberación de libros na que encherán as cidades con volumes de diferentes disciplinas, procedentes da bolsa de duplicados das súas bibliotecas. Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 5.000 "libros libres" coa intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 100 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo
Por último, o programa Súbete ao Castro tamén celebra este efeméride e invita aos participantes a intercambiar os teus libros favoritos con outros afeccionados á lectura, exemplares que recuperarán tras o préstamo.
Descargar todas as imaxes