Escoitar

Explorando Vigozoo

O departamento de Educación de Vigozoo presenta unha nova actividade para as tardes dos sábados de abril e maio, adicada ao ano internacional dos morcegos.<br />

venres, 20 abr 2012
1334838139zoomorcego.jpg
O prezo é de 2,55 € por participante e día, e contará cun horario continuo de 17:00 a 19:00 horas. Está dirixida a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos de idade e trátase dunha dinámica múltiple con actividades guiadas, de interpretación, obradoiros e xogos de aventura, cunha temática común adicada neste caso ao ano internacional dos morcegos.

Este evento internacional pretende dar a coñecer a importancia da conservación destes mamíferos voadores. Existen unhas 1200 especies presentes en case todos os ecosistemas do planeta. Dende os insectívoros aos fruxívoros (existentes no zoo) pasando polos nectarívoros.

Os morcegos, aínda descoñécidos e maltratados en moitos lugares do mundo, realizan unha función fundamental para manter a saúde dos nosos ecosistemas. Os morcegos tamén teñen valor económico e sanitario, capturan enormes cantidades de insectos (tamén os que son plagas agrícolas), permiten reducir o uso de insecticidas nos campos de cultivo e depredan sobre insectos transmisores de enfermedades.

Existen actividades alternativas en caso de malas condicións meteorolóxicas que garanten realización do programa a cuberto.

Información e inscricións:
Vigozoo: 986 26 77 83
Concello de Vigo: 010
Descargar todas as imaxes

Máis información