Caballero recibe aos participantes dun proxecto educativo de cinco países da UE
O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos participantes no Proxecto Comenius, unha iniciativa educativa de intercambio na que forma parte o Ceip Coruxo Carrasqueira xunto con centros escolares de Turquía, Polonia, Estonia, Bulgaria e Suecia. Desde o pasado día 18, ata o 24 de abril, alumnos e profesores percorrerán Vigo seguindo o programa "Better tourism, better future".