O alcalde asegura que para Vigo "lle vale a lei de Área Metropolitana de Barcelona ou Valencia"
Abel Caballero entrevistouse este luns con representantes veciñais de San Roque, Coruxo, Saiáns e Candeán, dentro da rolda de contactos para testar o sentir da cidadanía sobre a lei de Área Metropolitana aprobada pola Xunta de Galicia. O rexedor recabou o "rexeitamento total" destes colectivos a unha norma que plasma "agravios inmensos" á cidade de Vigo.
"A este alcalde lle vale a lei de Área Metropolitana de Barcelona ou Valencia". Así manifestou Abel Caballero hoxe a súa posición crítica sobre a normativa que ven de aprobar a Xunta de Galicia para o ente supramunicipal vigués, unha lei que "ten a oposición de toda a cidade".
O primeiro edil iniciou días atrás unha xeira de reunións con distintos colectivos representantivos da cidade para explicar e coñecer a posición viguesa sobre este texto, apuntando que "a inmensa maioría da cidade está absolutamente en contra" do mesmo.
Segundo explicou Caballero, a representación de Vigo no goberno do ente foi rebaixada pola Xunta de Galicia do 47,5% ao 7%, cando a urbe supón o 62% da poboación e do financiamento da Área Metropolitana. Por outra banda, apunta o alcalde que o texto non inclúe "un so precepto que obrigue á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra a ceder competencias", co que "engade unha nova administración", incrementando os gastos e non evitando duplicidades.
Descargar todas as imaxes